Non existe ningún servidor de OpenCalendar. Nada sae do teu teléfono sen que o pidas.
Todo se garda no dispositivo, nunha base de datos cifrada con AES-256. A clave vive no almacén seguro de Android e nunca sae de alí.
A copia automática de Android está desactivada: as túas citas non acaban en Google Drive. Se queres copia, a app crea un ficheiro cifrado coa contrasinal que elixas.
Sen rexistro, sen analítica, sen informes de erros, sen publicidade e sen ningún SDK de terceiros que envíe datos.
Un mapa, unha importación. Cada conexión queda anotada nun rexistro que podes consultar cando queiras.
Cun toque, todos os títulos pasan a «Ocupado». A app ocúltase nas apps recentes e bloquea as capturas de pantalla.
O que marques como protexido queda oculto ata que o desbloqueas e non aparece nunca nos widgets.
Mes, semana, día e axenda, con cor por calendario e prioridades que se distinguen pola forma, non só pola cor.
Exporta o teu calendario de Google e escolle o .zip na app. Lese no teléfono, sen conexión, e podes reimportar sen duplicar nada.
Ata cinco avisos por evento: ao empezar, 15 ou 30 minutos antes, o día antes, unha semana antes…
Axenda, mes e semana na pantalla de inicio. Cambia de mes ou de semana sen abrir a app.
Rexistro do ciclo menstrual con predición, nun calendario protexido. Non o necesitas? Apágao e desaparece de toda a app.
Galego, español, català, euskera, English, Deutsch, français, italiano, Nederlands, polski e português.